martes, 22 de noviembre de 2016

lunes, 21 de noviembre de 2016

NATURAIS. TRABALLOS DOS SENTIDOS

Traballamos en equipo e aprendimos moitas cousas sobre o tema. Buscamos e analizamos información, puxémola en común, debatimos e chegamos a decisións sobre o diseño e o contido , repartimos tarefas, elaboramos e finalmente preparamos unha exposición dos nosos traballos aos nosos compañeiros Gustounos moito esta forma de estudar, porque non todo van ser fichas e controis!!

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN 2016

Non chas quero, non chas quero,
as castañas do Magosto,
non chas quero, non chas quero,
que me cheiran a chamosco,
que me cheiran a chamosco
ai la le lo, ai la la loooooooo!!

  Por fin están aquí as fotos do día do Magosto e do Peón, que celebramos no cole o pasado 11 de novembro. Aínda que o tempo non acompañou, e as nosas familias non puideron celebralo connosco, pasámolo estupendamente, e que ricas estaban as castañas!!!!!

jueves, 3 de noviembre de 2016

UNHA DE ROMANOS

Para practicar os números romanos....

Resultado de imagen de numeros romanos del 1 al 20     Resultado de imagen de numeros romanos del 1 al 20 


NATURAIS. Os sentidos

Oler unha flor, rechupetear un caramelo, acariñar un can, ver un debuxo, escoitar a nosa canción favorita...... Todas estas cousas podémolas facer grazas aos sentidos. Eles son os que nos relacionan co  exterior. Grazas a eles percibimos e desfrutamos do mundo que nos rodea. Utilízaos ben e desfrútaos...