lunes, 20 de marzo de 2017

SOCIAIS: O RELEVO E AS PAISAXES

Coma sempre, aquí vos deixo uns videos para ir situándonos e collendo información sobre o novo tema.

viernes, 10 de marzo de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe Alejandro, o bibliotecario municipal, invitounos a visitar a biblioteca e proxectounos un corto precioso sobre a importancia que teñen os libros nas nosas vidas. Gustounos moitísimo. Aquí volo deixo para que o podades ver as veces que queirades e así ir descubrindo novos detalles...

br />

miércoles, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER







Na nosa escola educamos e medramos en igualdade, non só hoxe senon todos os días do ano.




Aquí vos deixo un par de entradas, sobre as que logo falaremos e debatiremos.



br />


viernes, 3 de marzo de 2017

NATURAIS: OS ANIMAIS

Adentrámonos no apaixoante mundo animal. Podedes ver os vídeos informativos para aprender un pouquiño máis.
Tamén, vos deixo un enlace á mellor serie sobre o mundo animal, "El hombre y la Tierra" Foi rodada por Félix Rodríguez de la Fuente. Preguntádelle aos vosos pais e nais se a coñecen!!! Se vos gustan os animais ides desfrutar moitísimos desta serie. Podedes ver os capítulos que aparecen ou buscar outros escribindo na ventá onde pon "Título". Espero que vos gusten.






Resultado de imagen de el hombre y la tierra

jueves, 2 de marzo de 2017

FESTA DO ENTROIDO 2017

Aquí tedes o resultado do noso traballo en equipo preparando tema, disfraces, cancións, coreografía.... Foi divertido e quedou xenial!!!!