viernes, 28 de octubre de 2016

E CHEGOU O SAMAÍN!!!!

O samaín (Samhain) era unha festa que celebraban os antigos pobos celtas para conmemorar o final da colleita. Os días empezaban a ser máis cortos e as noites máis longas. Os celtas crían, ademais, que nesa noite os mortos voltaban a visitar o mundo dos vivos. Acendían grandes lumeiradas para escorrentar aos malos espíritus. Era a festa nocturna de benvida ao novo ano. O costume era deixar comida e doces fóra das súas casas e acender lumes para axudar ás almas dos mortos a atopar o camiño hacia a luz. No noso cole lembramos esta festividade celta expoñendo as cabazas que traballaron os nen@s coas súas familias. Tamén lemos e escribimos contos de medo, ilustrámolos, facemos manualidades, adornamos todo o cole, vestímonos da ocasión..... Pasámolo xenial!!!

VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL

A semana pasada visitáronnos varios membros de Protección Civil de Pontedeume para darnos unha charla sobre normas para unha evacuación segura. Trouxeron un montón de cousas para amosarnos e incluso nos deixaron respirar coas máscaras. Xa nos sentimos máis seguros !!!

viernes, 7 de octubre de 2016

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS. AS TÁBOAS

Quen dixo que aprender matemáticas era aburrido? Imos empezar polas táboas de multiplicar. A divertirse!!!

Resultado de imagen de tablas de multiplicar   

                   

jueves, 6 de octubre de 2016

NATURAIS. O CORPO HUMANO

Ser vivo, ser inerte, funcións vitais.... Que distingue a un ser vivo dunha pedra? Atende, atende, que de seguro o descubres nestes videos.

miércoles, 5 de octubre de 2016

SOCIAIS: O UNIVERSO

Comezamos a nosa andadura polo mundo estudando e descubrindo o universo, que como xa sabedes é ........infinito!!!! Déixovos algúns vídeos dos que vimos na clase para que lles botedes unha ollada.