lunes, 20 de febrero de 2017

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

Xa está aquí, xa chegou o entroido. O cole está alborotado, cheo de cores e cancións.
E como no Couceiro este ano estamos a traballar nun proxecto común sobre as Fragas do Eume, o noso tesouro, todos os nosos disfraces xirarán en torno e ese tema. En terceiro traballaremos os animais invertebrados das Fragas e daquela, o noso disfraz é deses bichiños tan simpáticos. Déixovos a letra para que vaiades ensaiando na casa. A divertirse toca!!!!

Resultado de imagen de escarabajo dibujoResultado de imagen de mariquita colorear      AS CORES DO VENTO
Ti cres que es o señor do territorio
a Terra só queres posuir
máis toda rocha, planta ou criatura,
é un alma, é un ser, quere vivir.

Irmáns son o río e a montaña
de todos dependemos, xa o ves
vivimos moi felices todos xuntos,
nun ciclo fraternal que eterno é.

Escoita aos lobos oubear á lúa azul
e contempla a un raposo sorrir,
fala coa voz das montañas,
para as cores do vento descubrir
as cores do vento descubrir.

Irmáns son o río e a montaña
de todos dependemos, xa o ves
vivimos moi felices todos xuntos,
nun ciclo fraternal que eterno é.

Corramos polo bosque das Fragas
coidemos a riqueza do país
probemos o sabor da nosa terra
que ten tanto especial por compartir.

Escoita aos lobos oubear á lúa azul
e contempla a un raposo sorrir,
fala coa voz das montañas,
para as cores do vento descubrir
as cores do vento descubrir.

(Música da canción "Cores no Vento" da película Pocahontas de Disney)




viernes, 10 de febrero de 2017

LINGUA: A SÍLABA TÓNICA

Vamos facer algúns exercicios para repasar a sílaba tónica. Xa sabedes que canto máis practiquedes, mellor aprenderedes.

Resultado de imagen de silaba tonica   Resultado de imagen de silaba tonica   Resultado de imagen de silaba tonica


jueves, 2 de febrero de 2017

NATURAIS: A DIETA SAUDABLE

Seguimos a traballar na clase de naturais facendo proxectos. aprendemos moitísimo, non só sobre o tema senon tamén a como tomar decisións, repartir traballo, colaborar co grupo, e aportar cada un o que mellor sabemos facer para o ben do grupo. Gústanos moitísimo traballar así. Ollade...