martes, 20 de diciembre de 2016

CHEGAN AS VACACIÓNS!!!!

Un dos mellores agasallos para Nadal é un libro. Con el podes aprender, divertirte e vivir apaixoantes aventuras. Por iso Güino, como todos os anos, vos deixa as súas recomendacións, por se vos interesa engadir algunha delas nas vosas cartas aos Reis Magos. Sexa como sexa, que desfrutedes moito lendo!!!
Por certo, estade atentos estes días porque en canto poidamos colgaremos os vídeos das vosas fantásticas actuacións no festival de Nadal. Sodes uns artistas!!!!


 E lembrade que cando teñades un ratiño podedes vir xogar coas actividades do blogue.

                 BOAS  FESTAS  E  VÉMONOS  NO  2017!!!!!!!

viernes, 16 de diciembre de 2016

MULTIPLICA CANTANDO

Para este nadal, ademais de cantar panxoliñas ides ter que cantar as táboas de multiplicar .Aprender hai que aprendelas, diso non se escapa ninguén así que .... que mellor forma de facelo que cantando!!
Aquí vos deixo uns videos de Miliki cantando as táboas de multiplicar.
E lembrade que no blog hai moitos xogos para divertirse coas táboas. A aprendelas todas!!!!

Resultado de imagen de tabla del 1   Resultado de imagen de tabla del 2  Resultado de imagen de tabla del 3

Resultado de imagen de tabla del 4   Resultado de imagen de tabla del 5   Imagen relacionada

Imagen relacionada  Imagen relacionada  Imagen relacionada

Resultado de imagen de tabla del 5

FALANDO DO AIRE.....

Onte, o noso compañeiro Antón Tenreiro explicounos un experimento que fixo na casa para demostrar como se move o aire aínda que nós non o vexamos. Moi interesante. Grazas Antón! Encántanos que compartas as túas experiencias coa clase.


jueves, 15 de diciembre de 2016

XOGA QUE TE XOGARÁS

O pasado 7 de decembro visitamos o museo etnográfico da Capela (polo que nos guiaron Secundino e Abel) e máis o cole de primaria, onde nos recibiu Xabier, o profe de educación física e os seus alumno@s. Faláronnos do seu proxecto de Xogos tradicionais. Xogamos a moitas cousas das que din que xogaban os nosos pais cando eran pequenos. Eles non tiñan todas esas maquiniñas que tanto nos gustan a nós. Pasámolo en grande xogando con eles. Moitas grazas a todos! Foron unhas visitas estupendas!!!


viernes, 2 de diciembre de 2016

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Dalle ao coco!! Para eses días nos que estás aburrido e non sabes que facer aqui che deixo un montón de xogos matemáticos, interesantes e moi divertidos. Eres quen de facer 6 deles??? Empeza probando co da suma e o da resta e logo outros catro da túa elección. Que desfrutes!!


Resultado de imagen de juegos matemáticos