jueves, 15 de diciembre de 2016

XOGA QUE TE XOGARÁS

O pasado 7 de decembro visitamos o museo etnográfico da Capela (polo que nos guiaron Secundino e Abel) e máis o cole de primaria, onde nos recibiu Xabier, o profe de educación física e os seus alumno@s. Faláronnos do seu proxecto de Xogos tradicionais. Xogamos a moitas cousas das que din que xogaban os nosos pais cando eran pequenos. Eles non tiñan todas esas maquiniñas que tanto nos gustan a nós. Pasámolo en grande xogando con eles. Moitas grazas a todos! Foron unhas visitas estupendas!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario