viernes, 28 de octubre de 2016

E CHEGOU O SAMAÍN!!!!

O samaín (Samhain) era unha festa que celebraban os antigos pobos celtas para conmemorar o final da colleita. Os días empezaban a ser máis cortos e as noites máis longas. Os celtas crían, ademais, que nesa noite os mortos voltaban a visitar o mundo dos vivos. Acendían grandes lumeiradas para escorrentar aos malos espíritus. Era a festa nocturna de benvida ao novo ano. O costume era deixar comida e doces fóra das súas casas e acender lumes para axudar ás almas dos mortos a atopar o camiño hacia a luz. No noso cole lembramos esta festividade celta expoñendo as cabazas que traballaron os nen@s coas súas familias. Tamén lemos e escribimos contos de medo, ilustrámolos, facemos manualidades, adornamos todo o cole, vestímonos da ocasión..... Pasámolo xenial!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario