jueves, 6 de abril de 2017

PDI FRAGA DO EUME

Como xa todos saberedes, no noso cole estamos a traballar nun Proxecto Documental Integrado sobre a Fraga do Eume. Enmarcado dentro deste proxecto, o alumnado de 3º fixemos unha saída didáctica a este fermoso lugar. Vimos un video sobre a fauna e a flora da Fraga, e fixemos unha andaina dende a Alameda ata as curripas que hai na outra beira do ría unha vez que pasas a primeira ponte colgante. Aprendemos a identificar algunhas árbores, a recoñecer pegadas e outros rastros dalgúns animais..... Pero sobre todo aprendemos a enorme riqueza natural da nosa Fraga e a que temos que contribuir na súa protección para que todo o mundo poida desfrutala . aquí vai un video do noso paso por este interesante lugar.

1 comentario:

  1. Vivir cerca das Fragas e un privilexio e poder disfrutar de vez en cando de este entorno e xenial ¡¡ .
    Grazas por este video ,, que ven o pasaron e canto aprenderon ¡¡..sobre todo que hay que coidalas moi ven para poder disfrutalas mooooito tempo .

    ResponderEliminar